Inicio
Concello
Información Catastral
Información Catastral
O Concello de Carballeda de Avia, dende o ano 2005, ten autorizado o establecemento do Punto de Información Catastral (PIC), coa finalidade de dar resposta á crecente demanda de información catastral ós titulares que non dispoñen dos medios técnicos apropiados, ofrecendo ó cidadán tódalas vantaxes da Oficina Virtual de Catastro sen máis que a solicitude do servizo.
O PIC do Concello de Carballeda de Avia ten un papel intermediador no exercicio do dereito de acceso á información catastral do cidadán, ó que poderá subministrar tódala súa información actualizada existente na base de datos nacional, mediante a xeración de documentos no que conste a data de expedición máis un código electrónico que permita a comprobación da súa integridade e autenticidade, e gozarán de plena validez e eficacia.
Dende calquera PIC o titular catastral, por si ou mediante representación, e con só a presentación do seu DNI, pode acceder ós seguintes servizos, de xeito totalmente gratuito:
- Consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
- Consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais dos datos protexidos, relativo ós bens inmobles da súa titularidade. Si algún titular no pode acercarse en persoa ó concello poderá autorizar a un representante para obter os seus datos. Instruccions
O PIC do Concello de Carballeda de Avia atende as demandas de información catastral no seu horario habitual de luns a venres, de 8:30 á 14:30 horas.
Formularios de solicitude de información nos PIC
Para poder visualizar os formularios de solicitude en formato PDF, necesita ter instalada unha versión de Adobe Reader 5.0 ou posterior, si non é así, pode descargar unha versión actualizada dende a web de Adobe Reader
.
Ligazóns recomendadas:
