Vídeo

Un vídeo promocional sobre o proxecto Camiños Naturais de Carballeda de Avia pode verse nas redes sociais Vimeo e YouTube. A peza, de algo máis de doce minutos de duración, fai un percorrido visual polas tres grandes rutas de sendeirismo deste proxecto: a Ruta dos muíños, Ruta dos cabalos e a Ruta dos bolos.

En concreto na Ruta dos muíños, pode escoitarse o testimonio de Julio Alejos Vázquez. Este veciño de Veronza, xa retirado, colabora como voluntario no proxecto dos Camiños Naturais amosándolle aos sendeiristas o funcionamiento dos dous muíños activos no complexo etnográfico. Nas súas declaracións conta como era o traballo antigamente arredor dos muíños, así como as relacións sociais. Co seu testemuño, este voluntario mantén dá vida á historia más recente de Carballeda de Avia.

Ver vídeo en Vimeo
Ver vídeo en YouTube