Proxecto

Os Camiños Naturais de Carballeda de Avia son unha aposta pola natureza como zona ecoturística. Comprenden tres grandes rutas de sendeirismo: "Ruta dos muíños", "Ruta dos bolos" e "Ruta dos cabalos". Todas están acondicionadas con pasarelas, escaleiras de pedra ou pasamáns de madeira nas zonas de difícil paso. Tamén están sinalizadas con fitos quilométricos, balizas de seguimento e postes direccionais, ademais de paneis informativos.

O municipio de Carballeda de Avia, que forma parte da comarca natural do Ribeiro, localízase no extremo centro-oriental da provincia de Ourense. Ten unha extensión total de 46 km2 e unha poboación de 1.629 habitantes, agrupados en oito parroquias. A capital é Carballeda, onde se poden encontrar toda clase de servizos básicos como tendas de alimentación, farmacia, centro médico ou servizos de hostalaría. No municipio localízase tamén unha casa de turismo rural.

A comarca do Ribeiro é unha terra regada por unha densa rede fluvial. Aquí conflúen os vales do Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño. Ten un microclima seco e cálido, pero é unha zona bastante húmida durante o inverno. A súa situación entre as serras de Faro e Suído, resgardada da influencia oceánica, favorece a tradición vitivinícola tamén característica de Carballeda de Avia. No municipio hai unha adega e un colleiteiro, cunha produción máis limitada que a primeira. Os veciños tamén fan e venden o seu propio viño coa uva das súas viñas.

Blogs:
http://arutadaauga.wordpress.com
http://lasrutasdelagua.es